lunes, 29 de abril de 2013

Coñecemos GLOGSTER


GLOGSTER é unha aplicación web que nos permite crear e compartir pósters multimedia.
Neles poderemos insertar con facilidade arquivos de audio ou video dende o noso ordenador ou da web.

Vemos como exemplo o primeiro glog de Xoel (quen nos dera poder mercar un deses, eh?)



miércoles, 27 de marzo de 2013

Mirade o vídeo, que fixeron os da Fundación TIC, (creo que Marcos, Gabri, Elisa, e Blanca  non saliron no xornal)Facede clik aquí para velo (O vídeo tamén está en facebook, no meu muro, e tamén en tuenti)

P.D: podía poñelo xa directamente na páxina, pero xa é tarde!

                                                                                               Xoel

lunes, 18 de marzo de 2013

Fai Click Aquí se queredes ver a Falcao dándolle o viverón  a un tigre!!!
Por certo, XA CHEGA A PRIMAVERA!!! (cargada de exames)

                                                    Xoe

miércoles, 27 de febrero de 2013

Twist and Shout

Aquí tedes o vídeo que prometín hai xa...


http://es.yamaha.com/es/products/apps/thr_session/


E este é o enlace para descargar a app (só para apple) para ralentizar os temas e poder practicalos máis a modiño!!!

jueves, 31 de enero de 2013

CILENIS CONXUGADOR





Cilenis Conxugador xera automaticamente conxugacións verbais en galego.
Permite conxugar calquera verbo (mesmo inventados) ou escoller só aqueles infinitivos que forman parte do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG).
Cilenis Conxugador é software libre e pode ser implementado en aplicacións e sistemas externos. Foi desenvolvido por Cilenis con base no sistema de código aberto conshuga.
Cilenis tamén disponibiliza un conxugador verbal para a lingua portuguesa: Cilenis Conjugador.
Podes acceder a esta ferramenta, facendo clic na imaxe superior.

viernes, 21 de diciembre de 2012

Felices Vacacións a todos!!!

"Aquí está o meu segredo:
non se ve ben máis que
co corazón. O esencial
é inbisíbel aos ollos."


Felices festas, feliz Navidad, feliz Aninovo, e próspero 2013!!!

Que os "Reis Magos e Papá Nöel", vos traigan moitos regalos!!!

                                                                                                          Xoel    ;)  :)


lunes, 10 de diciembre de 2012

Dedicade uns minutos a ver este video...

Está en inglés, pero  non é necesario o idioma para entender  as leccións que ás veces nos dá a nai natureza.





martes, 4 de diciembre de 2012

Se ninguén publica nada,polo menos visitádeo ;)

Que alguén escriba algo no blog que está muy aburrido!!! :((

                                                                               Xoel

Ortografia




martes, 27 de noviembre de 2012

EDMODO


EDMODO é unha rede social privada para a educación.

Vainos permitir crear un espazo virtual de comunicación entre alumnado e profesorado no que poderemos compartir mensajes, arquivos, enlaces, propoñer tarefas...

Trátase dunha plataforma educativa que funciona igual que unha rede social ao estilo de facebook, tuenti, twitter... que ten todas as vantaxes deste tipo de webs, pero sen os perigos que as redes abertas teñen, xa que o grupo que imos crear é privado, de xeito predeterminado e  pechado entre alumnado e profesor, o que significa que a información só é accesible para os que accedamos no nome de usuario e contrasinal.

En EDMODO existen tres tipo de perfís, e cada un deles pode empregar a rede de xeito diferente:


  • Profesorado: é o encargado de crear grupos e administralos, pode subir arquivos, crear eventos, avaliar traballos...
  • Alumnado: que só pode unirse aos grupos, non pode crealos, sempre e cando coñeza  o código de acceso, pode descargar arquivos, consultar eventos, entregar traballos, ver as súas calificacións, enviar arquivos ao profesorado...
  • Nais/pais: Tamén poden acceder a EDMODO. Necesitan coñecer o código que lle corresponde ao seu fillo/a e só poderá consultar a actividade que realiza en Edmodo, as súas calificacións, eventos... ademáis, poderá poñerse en contacto co profesorado a través desta plataforma.




Os pasos a seguir para crear unha conta en EDMODO, son os seguintes:


 



Entrar na páxina principal de EDMODO, seleccionar a opcion "estudante". No lugar onde pon "código do grupo" escribir o código que vos facilitei na aula.

Este código servirá para que os alumnos soliciten entrar neste grupo co perfil Estudante, creando un usuario, contrasinal, e pondo o seu nome e apelido (non fai falta conta de e-mail). Cada usuario pode elixir unha imaxe ou subir unha foto dentro de Preferencias. Ao finalizar de editar o teu perfil, selecciona "rexístrate".

Unha vez rexistrado todo o grupo, cada alumno-usuario pode mandar mensaxes ao grupo ou ao profesor.





Acentuación diacrítica


Empregamos o acento gráfico con función diacrítica en galego para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita, pero que se diferencian porque a vogal tónica ten diferente timbre ou porque nunha palabra e tónica e na outra é átona. o acento gráfico diacrítico poñémolo sempre na vogal tónica.









Á
 (a + a artículo; sust.)









a
 (artículo; pron.; prep.)
ás (a + as artículo; sust.)as (artículo; pron.)
bóla (‘esfera’)bola (trozo de pan)
bésta (‘arma’)besta (‘animal’)
 (ca + a)ca (conj.)
cás (ca + as)cas (prep.)
chá (‘plana’)cha (che + a)
chás (‘planas’)chas (che + as)
 (ca + o)co (con + o)
cómpre (‘es menester’)compre (‘obtenga’)
cómpren (‘son menester’)compren (‘obtengan’)
cós (ca + os; sust.)cos (con + os)
 (pres. y imp. de dar)da (de + a)
dás (pres. de dar)das (de + as)
 (‘compasión’)do (de + o)
é (pres. de ser)e (conj.)
fóra (adv.)fora (antepretérito de ser e ir)
 (‘ruín’)ma (me + a)
máis (adv. y pron.)mais (conj.)
más (‘ruines’)mas (me + as)
 (sust.)no (en + o)
nós (pron. tónico; pl. de )nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o)o (artículo; pron.)
ós (a + os)os (artículo; pron.)
óso (ueso del cuerpo)oso (animal)
 (pie, parte del cuerpo)pe (letra)
póla (‘rama’)pola (‘gallina’; por + a)
pór ("poner")por (prep.)
présa ("apuro")presa ("prendida"; "apresada")
 ("sede eclesiástica"; imp. de ser)se (conj.; pron.)
 (adv. y adj.)so (prep.)
 ("infusión")te (pron.; letra)
vén (pres. de vir)ven (pres. de ver; imp. de vir)
vés (pres. de vir)ves (pres. de ver)
vós (pron. tónico)vos (pron. átono)




Podes practicar a acentuación diacrítica, facendo clic aquí.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

LOCURA EN EL QUIRÓFANO

En breve daremos comenzo aos ensaios da obra de teatro musical que representaremos no festival de Nadal.

Déixovos as músicas que utilizaremos para que vos vaiades afacendo a elas, aínda que a meirande parte xa as coñecedes.


CLAVELITOS:




CIELITO LINDO

VACA LECHERA


SUSANITA TIENE UN RATON:


ES UN MUCHACHO  EXCELENTE


TENGO UNA MUÑECA VESTIDA DE AZUL


LO QUE NECESITAS ES AMOR


LOS PAJARITOS


LA RASPA


EN EL AUTO DE PAPÁ


ESE TORO ENAMORADO DE LA LUNA

LA CUCARACHA

UNA SARDINA...



PASE MISI


NO PARES


ANTON PIRULERO


CARNAVAL CARNAVAL

DONDE ESTAN LAS LLAVES?


EL VENAO

UN ELEFANTE SE BALANCEABA


VAMOS A LA CAMA

NATILLAS DANONE


DESPIERTA, NIÑA DESPIERTA

MARÍA

TRACTOR AMARILLO

YA SE MURIÓ EL BURRO


martes, 13 de noviembre de 2012

Aquí estamos de novo!

Voltamos.

Novo blog, nova dirección... foi unha renovación forzosa, pero esperamos que nos sirva como impulso para facer mellor as cousas.

Este será o noso espazo para compartir aprendizaxes, contidos, expresar as nosas ideas...

Vémonos no Blog!