EDMODO é unha rede social privada para a educación.
Vainos permitir crear un espazo virtual de comunicación entre alumnado e profesorado no que poderemos compartir mensajes, arquivos, enlaces, propoñer tarefas...
Trátase dunha plataforma educativa que funciona igual que unha rede social ao estilo de facebook, tuenti, twitter... que ten todas as vantaxes deste tipo de webs, pero sen os perigos que as redes abertas teñen, xa que o grupo que imos crear é privado, de xeito predeterminado e pechado entre alumnado e profesor, o que significa que a información só é accesible para os que accedamos no nome de usuario e contrasinal.
En EDMODO existen tres tipo de perfís, e cada un deles pode empregar a rede de xeito diferente:
- Profesorado: é o encargado de crear grupos e administralos, pode subir arquivos, crear eventos, avaliar traballos...
- Alumnado: que só pode unirse aos grupos, non pode crealos, sempre e cando coñeza o código de acceso, pode descargar arquivos, consultar eventos, entregar traballos, ver as súas calificacións, enviar arquivos ao profesorado...
- Nais/pais: Tamén poden acceder a EDMODO. Necesitan coñecer o código que lle corresponde ao seu fillo/a e só poderá consultar a actividade que realiza en Edmodo, as súas calificacións, eventos... ademáis, poderá poñerse en contacto co profesorado a través desta plataforma.
Os pasos a seguir para crear unha conta en EDMODO, son os seguintes:
Entrar na páxina principal de EDMODO, seleccionar a opcion "estudante". No lugar onde pon "código do grupo" escribir o código que vos facilitei na aula.
Este código servirá para que os alumnos soliciten entrar neste grupo co perfil Estudante, creando un usuario, contrasinal, e pondo o seu nome e apelido (non fai falta conta de e-mail). Cada usuario pode elixir unha imaxe ou subir unha foto dentro de Preferencias. Ao finalizar de editar o teu perfil, selecciona "rexístrate".
Unha vez rexistrado todo o grupo, cada alumno-usuario pode mandar mensaxes ao grupo ou ao profesor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario