domingo, 2 de junio de 2013

BIOGRAFÍA DE ROSALIA DE CASTRO


Rosalía de Castro
(1837 - 1885)



Rosalía de Castro naceu o
24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabalde de Santiago de Compostela, sendo bautizada o mesmo día cos nomes de María Rosalía Rita. No rexistro do Hospital Real de Santiago de Compostela figura como filla de pais descoñecidos, ainda que foi froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. A súa acta de bautizo rezaba:
En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y siete, María Francisca Martínez, vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y para que así conste, lo firmo.

A súa nai, María Teresa da Cruz de Castro e Abadía, de orixe fidalga vida a menos, viviu na casa grande de
Arretén. A familia da nai proviña da liñaxe dos Castro, de orixe castelá, pero establecida en Galicia dende a Idade Media (foron condes de Lemos durante o ano 1888 nunha das súas pólas). Contaba trinta e dous anos cando naceu. Moi pouco se sabe do pai de Rosalía, José Martínez Viojo. Nado o 7 de febreiro de 1798 e crego de profesión, acababa de cumprir os trinta e nove anos cando naceu a nena; debido á súa condición, non puido recoñecer nin lexitimar á súa filla, encargando o seu coidado ás súas irmás, polo que semella que si se interesou pola súa manutención. Non obstante non hai datos que avalen que fosen as súas tías paternas as que se encargasen da meniña. Polo contrario -e de acordo coa documentación achegada polo labor investigador de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda - revista Grial (1997) - Rosalía aparece ao coidado da súa nai, en Padrón, cando contaba con cinco anos de idade.
Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela. Nesta cidade Rosalía será testemuña da terríble fame e do andazo de cólera de 1853-54 e vivirá o fervor revolucionario deses anos. É probáble que iniciase a súa formación na Sociedade Económica de Amigos del País, mentres asistía con regularidade ao Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As correntes ideolóxicas que imperaban no grupo, e que permanecerán sempre na obra de Rosalía, eran o socialismo utópico e o republicanismo democrático.

Posiblemente non fose casual que a marcha de Rosalía a Madrid onde viviu cunha curmá , en 1856, coincidise coas represalias contra os participantes no Banquete de Conxo, organizado polo grupo do que ela formaba parte, aínda que o máis probable é que se desprazase á Corte coa intención de se dedicar profesionalmente á escrita. Comezou a publicar e, en
1858 casou con Manuel Murguía,escritor e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller.
A vida do matrimonio fíxose itinerante debido aos cargos funcionariais de Murguía. En 1859 regresaron a Galiza, onde naceu Alejandra, a súa primeira filla; en 1861, de novo en Madrid, publicou obras en galego e castelán. Logo duns anos en Madrid, trasladáronse a Lugo, e despois voltaron a Madrid, onde naceu Aura; as actividades do seu home leváronos por diferentes lugares: Simancas, A Coruña (1871-1878), Compostela, Lestrobe (1879-1883, residindo no Pazo de Hermida), Estremadura, Alacant... e mentres, foron nacendo máis fillos: Aura, nada en decembro de 1868 (morreu en 1942). Gala e Ovidio, xemelgos, naceron en xullo de 1871 (Gala morreu en 1964 e Ovidio en 1900), Amara, nada en xullo de 1873 (morreu en 1921), Adriano Honorato Alejandro, nado en marzo de 1875, (morreu en novembro de 1876 debido a unha caída) e Valentina, nada morta en febreiro de 1877.

A década dos 60, que desembocou na Revolución do 68, foi un período de grande efervescencia intelectual e política. Rosalía e Murguía formaban parte desa corrente federalista e republicana que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida, que soñaba con ideais do socialismo utópico: liberdade relixiosa, libre comercio, sufraxio universal... Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento. No "Prólogo" intentou suavizar as posíbeis reaccións contra o libro polo seu carácter reivindicativo, o uso exclusivo do galego e a autoría feminina.

Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela (Madrid e Simancas) e outras en Galiza (Lugo, Compostela, A Coruña, Padrón), onde ficará definitivamente na década dos 70. Mais o fracaso da Revolución do 68 e a Restauración Borbónica acabaron coa esperanza no futuro. Á ilusión seguiu o desengano, agravado polas dificultades económicas derivadas do cambio político e polas discrepancias e disputas entre Murguía e Lamas, entre o galeguismo progresista e o galeguismo conservador. As consecuencias destes desencontros pagounas Rosalía, pois ficou sen posibilidades de colaborar na prensa galega. A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia.

Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón -a cal é hoxe un museo-. Rosalía foi soterrada no camposanto da Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.
Derradeiros momentos de Rosalía por González Besada.
Recibiu con fervor os Santos Sacramentos, recitando en voz baixa as súas predilectas oracións. Encargou aos seus fillos queimasen os traballos literarios que, reunidos e ordenados por ela mesma, deixara sen publicar, dispuxo ser soterrada no cemiterio de Adina, e pedindo un ramo de pensamentos, a flor da súa predilección, non ben foille achegada aos beizos sufriu un afogo que foi o comezo da súa agonía. Delirante, e nubrada a vista, díxolle á súa filla Alejandra: 'Abre esa fiestra, que quero ver o mar', e pechando os seus ollos pra sempre, expirou.
Na actualidade, son varias as institucións,
espazos públicos e bens de consumo designados co nome de Rosalía de Castro, pondo isto de manifesto o arraigamento social que ten a figura da escritora. Deste xeito, é posible atopar centros de educación tanto en Galicia como no resto de rexións de España, en Rusia ou en Uruguai chamados igual cá escritora, ao que se debe engadir numerosos parques, prazas e rúas, asociacións culturais, premios outorgados a persoas intimamente vencelladas á lingua galega e castelá, bibliotecas, agrupacións folclóricas, coros musicais e mesmo un viño con Denominación de Orixe Rías Baixas. Con todo, resulta curioso que un avión da compañía Iberia, así como unha aeronave pertencente a Salvamento Marítimo, fosen bautizados igual cá escritora. Obviamente, tamén son varios os monumentos (placas conmemorativas e esculturas principalmente) dedicados á súa figura en diversos países do mundo.
Coa emisión do 23 de outubro de 1979 apareceu o último dos billetes de 500 pesetas, posto que este sería substituído en 1987 por moedas de igual valor. O billete distinguíase por presentar no anverso o retrato de Rosalía de Castro, gravado por Pablo Sampedro Moledo, así como por mostrar no reverso casa-Museo de Rosalía sita en Padrón e uns versos coa caligrafía da súa autora, pertencentes á obra Follas Novas. Desta forma, Rosalía de Castro converteuse xunto con Isabel a Católica, no único personaxe feminino non alegórico retratado no anverso dun billete propiamente español.

 

NOELIA LÓPEZ POY



CHARLIE SHEEN BIOGRAFÍA

                                                CHARLIE SHEEN (CARLOS IRWIN ESTÉVEZ )

 Carlos Irwin Estévez, coñecido como Charlie Sheen, nado o 3 de setembro de 1965 en Nova York, é un actornorteamericano de orixe galega e irlandesaSheen naceu como Carlos Irwin Estévez en Nova York, a súa nai é Janet Templenton, profesora de arte, e o seupai o actor Martin Sheen, criouse en Malibú (California) cos seus irmáns Emilio EstevezRamon Estevez e Renée Estevez.
Sheen estudou no Instituto de Santa Mónica, destacando como xogador de béisbol e fixo tamén varios filmes en Super-8 cos seus amigos e futuros actores Rob Lowe e Christopher Penn. Unhas poucas semanas antes da súa graduación Sheen foi expulsado do centro polas súas pobres notas e escaso interese.
Saíu nalgunhas das  seguintes películas :

E nalgunhas das seguintes series de televisión:

Nas que destacou en spin city película na que gañou o globo de ouro e dous homes e medio serie da actualidade.
 
     
                                                        O SEU PAI MARTIN SHEEN


O pai de Martin Sheen, Francisco Estévez, nacera en ParderrubiasSalceda de Caselas, e emigrara de novo aos Estados Unidos. Alí casou con Mary Anne Phelan, unha irlandesa que nacera en Tipperary, e coa que tivo dez fillos. Martin Sheen é o sétimo deles.
Casou en 1961 con Janet Templeton (logo Estévez), coa que tivo catro fillos: o director e guionista Emilio Estevez, e os actores Charlie SheenRamon Estevez e Renée Estevez.

PELÍCULAS NAS QUE PARTICIPOU:
AnoFilmePapelDirector
1967The IncidentArtie ConnorsLarry Peerce
1968The Subject Was RosesTimmy ClearyUlu Grosbard
1970Catch-221st Lt. DobbsMike Nichols
1972No Drums, No BuglesAshby GatrellClyde Ware
1972Pickup on 101LesJohn Florea
1972RageMaj. HollifordGeorge C. Scott
1972That Certain Summer (telefilme)Gary McClainLamont Johnson
1973When the Line Goes ThroughBluff JacksonClyde Ware
1973BadlandsKit CarruthersTerrence Malick
1974The Legend of Earl DurandLuther SykesJohn Patterson
1976The Cassandra CrossingRobby NavarroGeorge P. Cosmatos
1976The Little Girl Who Lives Down the LaneFrank HalletNicolas Gessner
1979Apocalypse NowCapitán Benjamin L. WillardFrancis Ford Coppola
1979Eagle's WingPikeAnthony Harvey
1980The Final CountdownWarren LaskyDon Taylor
1981LoopholeStephen BookerJohn Quested
1982GandhiVince WalkerRichard Attenborough
1982That Championship SeasonTom DaleyJason Miller
1983EnigmaAlex HolbeckJeannot Szwarc
1983In the King of PrussiaJudge Samuel Salus IIEmile de Antonio
1983Man, Woman and ChildRobert BeckwithDick Richards
1983The Dead ZoneGreg StillsonDavid Cronenberg
1984FirestarterCaptain HollisterMark L. Lester
1985Broken RainbowNarradorMaria Florio, Victoria Mudd
1985In the Name of the PeopleNarradorFrank Christopher
1986A State of EmergencyDr. Alex CarmodyRichard C. Bennett
1987The BelieversCal JamisonJohn Schlesinger
1987SiestaDelMary Lambert
1987Wall StreetCarl FoxOliver Stone
1988Walking After MidnightdocumentalJonathon Kay
1988DaCharlieMatt Clark
1988Judgment in BerlinHerbert J SternLeo Penn
1989Golpe fríoJohn HydeAllan A. Goldstein
1989Beverly Hills BratsDr. Jeffrey MillerJim Sotos
1989Beyond the StarsPaul AndrewsDavid Saperstein
1990CadenceMSgt. Otis V. McKinneyMartin Sheen
1991Touch and DieFrankPiernico Solinas
1991The Maidian Toyton
1992Running WildDuncan Mclachlan
1993When the Bough BreaksCaptain SwaggertMichael Cohn
1993The Killing Box
1993Fortunes of WarThierry Notz
1993Hot Shots 2
1993Hear no EvilRobert Greenwald
1993GettysburgRonald F. Maxwell
1994Trigger Fast
1994Hits!
1994BocaWalter Avancini
1995Sacred CargoAlexander Buravsky
1995Dillinger and Capone
1995Captain Nuke and the Bomber Boys
1995The Break
1995Gospa
1995The American PresidentA.J. MacInerneyRob Reiner
1996The Elevator
1996The War at Home
1996Entertaining Angels: The Dorothy Day StoryPeter MaurinMichael Ray Rhodes
1996Wikipedia: ALFCoronel Gilbert MilfoilDick Lowry
1997Truth or Consequences, N.M.SeñorKiefer Sutherland
1997SpawnJason Wynn
1998Stranger in the Kingdom
1998GunfighterO estrañoChristopher Coppola
1998Family Attraction
1998Babylon 5: The River of Souls
1998SnitchHanlonTed Demme
1998A Letter from Death Row
1998Asalta como puedas
1998No Code of ConductBill PetersonBret Michaels
1999Ninth StreetPadre FrankTim Rebman e Kevin Willmott
1999Lost & FoundJeff Pollack
1999StormXeneral James RobertsHarris Done
1999A Texas FuneralAvó Sparta
1999 - 2006The West Wing
2001ODuke GouldingTim Blake Nelson
2002We The People
2002Catch Me If You CanRoger StrongSteven Spielberg
2003The Commission
2003Milost mora
2004Jerusalemski sindromDominik Sedlar e Jakov Sedlar
2006Who Killed the Electric Car?
2006The DepartedQueenanMartin Scorsese
2006BordertownGeorge MorganGregory Nava
2006BobbyJackEmilio Estévez
2006Talk to MeE.G. SonderlingEmilio Estévez
2006Flatland: The MovieArthur SquareDano Johnson e Jeffrey Travis
2008A Single WomanvozKamala Lopez
2009Echelon ConspiracyRaymond BurkeGreg Marcks
2009Love HappensBurke's Father-in-LawBrandon Camp
2009Bhopal: Prayer for RainWarren AndersonRavi Kumar
2009Imagine ThatDante D'EnzoKarey Kirkpatrick
2010The WayThomas AveryEmilio Estevez
2011Broken DreamsKaleb Wilson
2011Stella DaysDaniel BarryThaddeus O'Sullivan
2011The DoubleTom HighlandMichael Brandt
2012Seeking a Friend for the End of the WorldFrank/Dodge's FatherLorene Scafaria
2012The Amazing Spider-ManBen ParkerMarc Webb
2012Bhopal: Prayer for RainWarren AndersonRavi Kumar

Gran éxito en the amazing spider-man.