A REPRODUCIÓN HUMANA
A reprodución é unha función esencial nos seres vivos. Permítenos seguir existindo.
A reprodución humana é:
o Sexual: Hai dous sexos; Masculino e feminino.
o Vivípara: As crías nacen do ventre da muller.
DIFERENCIAS SEXUAIS
Cada sexo ten uns trazos sexuais distintos.
a) Trazos sexuais primarios:
Son os órganos reproductores.
No home:
• Case todo é externo.
• A célula reproductora é o espermatozoide.
Na muller:
• Case todo é interno.
• A célula reproductora é o ovulo.
b) Trazos sexuais secundarios:
No home:
• Bigote e barba, voz grave, noz grande, costas anchas.
Na muller:
• Crecen os peitos, cadeiras redondeadas, ausencia de pelo na cara.
APARELLO REPRODUCTOR FEMININO
FUNCIÓNS
Producir óvulos nos ovarios.
Permitir a fecundación (unión de ovulo + espermatozoide).
Permitir que o óvulo fecundado se desenrole ata o parto.
ÓRGANOS DO APARELLO REPRODUCTOR FEMININO
De dentro a fora son:
Dous ovarios:
o Tamaño dunha améndoa.
o Albergan os óvulos (sae 1 cada mes).
Trompas de falopio:
o Conducto que sae dos ovarios ata o útero, por el desprázanse os óvulos.
Útero (matriz):
o Lugar onde se depositará o ovulo, se existe fecundación.
Vaxina:
o Lugar que comunica o útero co exterior.
Vulva:
o Parte externa do aparello reproductor feminino.
MADUREZ SEXUAL FEMININA
Nos ovarios unha muller ten sobre 400.000 óvulos.
Só chegarán a madurar uns 500.
O primeiro sae dos ovarios na pubertade (11-14 anos).
Despois os óvulos liberan un óvulo cada 28 días aproximadamente. É o comezo do ciclo menstrual:
o O óvulo liberase ás trompas de falopio camiño do útero.
o O útero prepárase para unha posible fecundación.
o Se non hai fecundación o óvulo é expulsado ó exterior producindo unha hemorraxia chamada menstruación ou regra.
Debuxo do aparello reproductor feminino.
APARELLO REPRODUCTOR MASCULINO
FUNCIÓNS
Producir espermatozoides nos testículos.
Poden levar os espermatozoides ó interior do aparello reproductor feminino.
ÓRGANOS APARELLO REPRODUCTOR MASCULINO
Pene:
o Órgano musculoso. O seu extremo chámase glande.
o No seu interior está a uretra, conducto polo que se expulsan os espermatozoides e a urina.
Escroto:
o Bolsa situada debaixo do pene que alberga os testículos.
Testículos:
o Do tamaño dunha noz.
o Producen os espermatozoides.
Conducto deferente:
o Tubo que comunica os testículos cos vesícula seminal.
Próstata:
o Órgano situado debaixo da vexiga.
Líquido seminal:
o Líquido producido pola próstata e vesícula seminal que permite que os espermatozoides se despracen.
Seme:
o É a mestura de líquido seminal e espermatozoides.
Debuxo do aparello reproductor masculino.
A FECUNDACIÓN, O EMBARAZO E O PARTO
FECUNDACIÓN
É a unión do óvulo e o espermatozoide.
Ten lugar nas trompas de falopio.
A célula que se produce trala unión chámase cigoto.
EMBARAZO
É o tempo no que se desenvolve o novo ser no útero da nai.
Dura sobre 40 semanas.
Primeiras semanas:
o Ó principio o cigoto vaise dividindo paulatinamente ata formar o embrión.
o Este embrión deposítase no útero.
o Cóbrese cunha bolsa chamada amnios. Chea co líquido amniótico, no que flota o embrión.
o Fórmase a placenta (órgano que comunica a nai co embrión).
o Na 8ª semana o embrión ten forma humana, chámase feto.
Seguintes semanas:
o O feto medra no interior da nai protexido polo amnios.
o Xa se aprecia a forma humana.
o Os últimos órganos en formarse son os pulmóns.
o Sobre os 9 meses (40 semanas) o neno pesa sobre 3 kg. E xa está listo para saír ó exterior.
O PARTO
É o instante en que nace o neno, ben de xeito natural ou por cesárea:
o Forma natural:
O neno colócase boca abaixo.
O útero sofre contraccións para empuxar ó neno.
A vaxina dilátase.
Rompe a bolsa amniótica e o neno sae ó exterior unido polo cordón umbilical.
o Cesárea:
Se o neno está mal colocado, ou é moi grande, ou a nai non dilata,... é sacado ó exterior cunha operación no ventre da nai. Por este método o neno sofre menos.