sábado, 1 de junio de 2013



                                        CARLOS NÚÑEZ



Naceu en Vigo en 1971 nunha familia comunista (o seu pai, Carlos Núñez, era un dos líderes do PCG), e comezou a tocar a gaita galega aos oito anos. Aos doce, era invitado para tocar na Orquesta  Sinfónica de Lorient e en 1989 gravou xunto ao grupo irlandés  The Chieftain a banda sonora da película A illa do tesouro, cos que seguiría colaborando até ser coñecido como o sétimo Chieftain. Núñez ademais completou a súa formación no ensino académico obtendo a cualificación de Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira no instrumento frauta de pico polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.
Carlos Núñez é un estudoso incansable da música celta e no panorama internacional está considerado como un erudito do tema. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levouno a percorrer o globo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica discografía.
En 2011 recibe o Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia outorgado pola. Xunta de Galicia En 2013 foille concedida a Medalla Castelao.
En 1996 publica o seu primeiro disco, A Irmandade das Estrelas que supuxo o boom da música celta en España. Neste disco, Núñez centrase sobre todo na exploración da súa Galiza natal con influencias irlandeses.
No seu seguinte disco, Os amores libres, Carlos Núñez presenta unha reflexión en torno ao concepto celta explorando, entre outras, as conexións existentes entre a música tradicional galega e o flamenco. Os textos que acompañan as cancións deste disco están redactados polo escritor Manuel Rivas.
Xa en 2000 e coa publicación de Mayo longo, con Núñez xa consagrado como músico de renome e proxección internacional, o gaiteiro compuxo unha canción co ex-Supertramp Roger Hodgson. Este disco é un retorno á tradición galaica e á sinxeleza e destacou principalmente por introducirse nas radiofórmulas do momento.
O seu último álbum de estudio é Almas de Fisterra publicado en 2003 en España e en Francia como Un Galicien en Bretagne cunha lista de cortes lixeiramente diferente. Este disco é o resultado dunha longa permanencia do músico en Bretaña, Francia, e nel móstranse músicas tradicionais bretoas gravadas xunto a músicos famosos da Bretaña francesa.
Carlos Núñez tamén editou un álbum recompilatorio de grandes éxitos con varios cortes novos chamado Todos os mundos e en 2004 editou un CD+DVD que contén un concerto gravado en Vigo co título de Carlos Núñez & Amigos coas súas cancións máis emblemáticas. Núñez tamén participa na banda sonora da película de Alejandro Amenábar Mar adentro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario