Dentro das actividades que se están a realizar no noso plan Proxecta, a vindeira semana celebramos o Día Mundial da Saúde.
O deporte, como hábito indispensable, saudade e beneficioso para a vida, e máis ainda para os rapaces e rapazas en idade escolar, centrarán parte das actividades que realizaremos estes días.
Comezamos xa traballando na unidade didáctica: "O Lugo fai escola", na área das línguas e seguiremos con ela trabalhando temas como hábitos de higiene e saúde, xeografía, educación física...
Estamos tan impacientes, que ata non nos importa analizar oracións do tipo:
- O próximo xoves, recibiremos unha importante visita no noso centro.
- Recibiu con agrado a aperta da súa nai.
- Iago chegou á súa casa despois dunha amarga derrota.
Ánimo! Correxirémolas na clase ;D
No hay comentarios:
Publicar un comentario