A biografía (do grego βίος bios, que significa 'vida', e γράφειν grάphein, que significa 'escribir') é a historia da vida dunha persoa narrada desde o seu nacemento ata morte, consignando os seus feitos logrados e os seus fracasos, así como todo canto de significativo poida interesar da mesma.
Para iso adoita adoptar a forma dun relato expositivo e frecuentemente narrativo e en terceira persoa da vida dun personaxe real desde que nace ata que morre ou ata a actualidade. Na súa forma máis completa, sobre todo se se trata dun personaxe do pasado, explica tamén os seus actos con arranxo ao contexto social, cultural e político da época intentando reconstruír documentalmente o seu pensamento e figura. A biografía pode rexistrarse en forma audiovisual ou en forma escrita; neste último caso constitúe un subxénero literario da Historia que se divide á súa vez en diversos subxéneros.
Para escribir unha biografia, debemos ter en conta unha serie de pasos, que vos deixo de xeito esquemático no seguinte enlace:
http://auladiv.wikispaces.com/file/view/biografias.pdf
Mans á obra!
Elixide un personaxe, e escribide aqui, no blog, a súa biografía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario